Intercambio Erasmus + con Francia e Finlandia
Un grupo de estudantes e docentes participou durante unha semana nunha mobilidade Erasmus + centrada na competencia dixital, a inclusión e a cidadanía europea.
O programa incluíu visitas aos centros socios, actividades cooperativas, presentacións culturais e sesións de traballo en inglés e francés. O alumnado e o profesorado tamén puideron aprender as súas primeiras palabras en finés da man do alumnado de ciencias da educación da universidade de Helsinki. A experiencia contribuíu a reforzar as competencias lingüísticas e interculturais do alumando.