Feira STEM con proxectos de ciencia e robótica
O pavillón do centro acolleu unha nova edición da feira STEM na que o alumnado presentou proxectos relacionados coa programación, a robótica educativa, a impresión 3D, o deseño de aplicacións e a experimentación científica.
A xornada contou coa asistencia das familias e de persoas representantes doutras comunidades educativas que puideron coñecer de primeira man os traballos desenvolvidos durante o curso.